Investigación social do fenómeno da catividade de tartaruga moura no sureste ibérico
- Pérez Ibarra, Irene
- Giménez Casalduero, Andrés
- Pedreño Cánovas, Andrés
ISSN: 1887-2417
Any de publicació: 2007
Títol de l'exemplar: Instrumentos sociais e conservación de especies
Número: 4
Pàgines: 35-49
Tipus: Article
Altres publicacions en: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental
Resum
No presente manuscrito investígase a dimensión social da conservación de especies a través do estudo do fenómeno da catividade da tartaruga moura (Testudo graeca) no sureste ibérico. Para iso utilizaron técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación social, en concreto, enquisas a poboación autóctona e a novos residentes do turismo internacional e entrevistas en profundidade a colectivos que manteñen tartarugas cativas e a aqueles implicados na conservación e xestión da especie. Estas técnicas permitiron cuantificar a situación actual e as tendencias a coleccionar e posuír tartarugas en catividade, permitiron determinar as motivacións destas prácticas e as diferentes representacións sociais que se manteñen cara a especie, así como coñecer os posicionamentos existentes cara a conservación da especie. A partir destes resultados danse recomendacións de xestión e intervención social para a conservación de tartaruga moura no sueste ibérico e a xestión da poboación cativa da tartaruga moura.